Novas

Máis novas

Melide acolle unha charla coas claves para a obtención da Q de calidade

11/09/2018. A Sala de Conferencias do Edificio Multiusos acolle mañá mércores unha charla informativa para a boa atención ao cliente e a obtención da Q de calidade para os establecementos da hostalería de Melide. Será ás 18h da tarde na vila

MELIDE 11 de setembro de 2018.- O Concello de Melide, dende o seu departamento de Orientación Laboral poñerá en marcha ao longo do mes de setembro diferentes actividades formativas dirixidas á hostalería e ao mesmo tempo abertas ao público interesado.

A primeira iniciativa que se poñerá en marcha dende o Concello de Melide e en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, será mañá mércores 12 de setembro e será unha charla informativa sobre as boas prácticas para atención ao cliente e a obtención da Q de calidade. A cita será ás 18h da tarde no edificio multiusos da vila.

A charla terá como finalidade que os emprendedores identifiquen factores básicos que hai que ter en conta para mellorar día a día e saber adaptarse ás novas necesidades dos consumidores.

Melide, xunto con outros 10 municipios, forma parte da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, que traballan cada día para mellorar a atención e os servizos que se prestan aos turistas ao longo da súa peregrinaxe a Compostela.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp