- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello completa os traballos de mantemento dos colexios e da gardería
11/09/2018. Os escolares comezan un novo curso. Todo está xa listo por parte do Concello para que a actividade trascorra con normalidade. Operarios locais realizaron traballos de mantemento nos centros educativos e na gardería municipal
MELIDE 11 de setembro de 2018.- A concellería de Obras do Concello de Melide, que dirixe actualmente Rosa Cabado, remataba a pasada seman os labores de mantemento dos tres centros escolares da vila. Así, os membros da brigada de Obras realizaron diferentes tarefas no CEIP Mestre Pastor Barral, no CEIP Nº1 e no CEIP Martagona co fin da posta a punto dos centros educativos melidenses de cara á xornada de mañá mércores, día no que dará comezo o curso 2018/2019.
Os traballos realizados enmárcanse dentro das tarefas de mantemento e conservación dos colexios públicos da vila. Arranxos e mellora na carpintería, en caixas de persianas, marcos de portas e adecentamento de zonas de xardín entre outros, así como a reparación de aqueles desperfectos indicados pola dirección de cada colexio.
Por outra banda, a brigada de Obras do Concello de Melide tamén realizou labores de mantemento na Gardería Municipal na que se instalaron novos toldos entre outras actuacións que fixeron que o curso nesta instalación comezase a semana pasada con normalidade.
Dende o Concello de Melide, a rexedora Dalia García, explica que “estes días a brigada de obras tivo como prioridade a posta a punto dos tres centros escolares de infantil e primaria que temos na nosa vila para que mañá mércores, a volta o cole en Melide poida realizarse con total normalidade e que tanto o alumnado como o equipo docente atope os centros preparados para comezar o novo curso”. “Melloras que se complementan coas realizadas nos colexios de Melide este ano por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia onde entre outras actuacións se eliminou o vello sistema de canalóns do CEIP Nº1, arranxos na cuberta no CEIP Mestre Pastor Barral, ou traballos de mantemento por parte do organismo autonómico no CEIP Nº 2”, engadía.