Novas

Máis novas

As obras do Cantón de San Roque reinícianse o vindeiro luns

07/09/2018. Logo do parón das obras durante un mes e medio para o bo desenrolo da actividade cultura e turística no casco urbano de Melide durante o verán, este luns 10 de setembro, reanúdanse as obras de rehumanización do centro da vila

MELIDE 7 de setembro de 2018.- O Concello de Melide vén de pedir á Consellería de Medio Ambiente o reinicio das obras que se basean na rehumanización e recuperación do Cantón de San Roque. Basicamente trátase da redefinición da praza en sí, así como da rúa interior que entronca coa rúa Alexandre Bóveda, rúa Rosaleda e AC-840 cruce coa N-547.

Trátase dunha actuación que se iniciou o pasado marzo coa ampliación e o enlousado das beirarrúas da avenida de Lugo no desemboque urbano do Camiño de Santiago. Así as cousas, o vindeiro luns, co reinicio das obras obrigarase a cortar o tráfico rodado na rúa interior que rodea o Cantón de San Roque,  o denominado “parque” para proceder a iniciar a segunda fase da obra.

Entre as actuacións que se van a levar a cabo está a modificación da actual vista da praza, así como a reorganizaición e saneamento de especies árboreas previo estudo paisaxístico e biolóxico. Tamén se procederá á ampliación de beirarrúas e a reorganización dos espazos, mantendo o espirito de praza para reunión e actividades que sempre tivo esta zona.

Tal e como e apunta a rexedora melidense Dalia García, “neste momento está executado un terzo da obra, e ata finais de ano a actividade incrementarase nesta zona para finalizar a execución do proxecto de rehumanización do centro urbano de Melide”. García apuntaba que “esta obra contruibuirá a recuperar espazos e a ordenar urbanísticamente o pulmón urbano da vila”.

O orzamento total desta actuación é de 400.000 euros, financiados íntegramente pola Consellería de Medio Ambiente.

COLABORACIÓN VECIÑAL

Dende o Concello de Melide pregan que toda a veciñanza contribúa a levar adiante as obras en pleno centro urbano, conscientes das posibles molestias que poden ocasionar durante algunhas semanas ao comercio, hostalería ou outros servizos polo punto no que se sitúan, o pleno centro. Así as cousas, O Concello de Melide,  sinalizará mañá con carteis informativos o corte da rúa secundaria que percorre a parte de atrás do Cantón ata o seu entronque coa rúa Rosaleda, que será a parte pola que empece a traballar a empresa adxudicataria.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp