Novas

Máis novas

Melide acolle unha nova edición da Festa do Caralampio

07/09/2018. A Festa do Caralampio chega este ano a súa 72 edición e como é habitual celébrase o segundo domingo do mes setembro. Dende o Concello de Melide ínstase ao civismo para que a festa poida levarse a cabo con total normalidade

MELIDE 7 de setembro de 2018.-  O Casco Vello de Melide, o que comprende a zona dos viños e a praza das coles preparan as súas mellores galas, para festexar este domingo 9 de setembro, a edición número 72 San Caralampio.

Na xornada do domingo a celebración comezará na coñecida praza das Coles, onde terá lugar o concurso de debuxo Alberte La Fuente, que cada ano conta con máis participantes, no que os nenos e nenas poden traballar a súa capacidade creativa no centro neurálxico da festa.

Preto do mediodía, nesta mesma praza ofrecerán os visitantes racións de pementos, pan, cachelos, carneiro, mexilóns, ect... Nesta edición, poñerán banda sonora ao San Caralampio entre outras formacións, a Banda do Peto, os Festicultores, a Charanga Leña Verde ou Batucada de Cariño.

Cando soe a traca, que como ven sendo habitual se instala na praza das coles, darase por rematada a festa.

Tanto dende o Concello de Melide como dende a organización da festa, recordan a todos as persoas que asistan que non está
permitido tirar o viño uns aos outros e tampouco as fachadas das casas
que se atopan no casco vello da vila, apunte importante, para o bo
desenrolo da xornada.

ORIXES DO CARALAMPIO
Segundo contan, San Caralampio, foi un mártir grego que elexiu morrer afogado nunha barrica de viño. Despois de pasasen setenta e dous dende que o Doutor Compostelano Alberte Lafuente, conxuntamente con xentes de Melide, organizaron a súa primeira edición. Mal chamada  A festa dos borrachos, a xornada dominical do Caralampio, serve para encher as rúas de Melide de xente que se achega ata a zona vella para gozar dun día animado acompañado en todo momento polo son das  charangas e os grupos de música tradicional.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp