- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello aproba renovar a axuda de 300 euros por fillo ou filla nado en 2018
07/09/2018. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar esta medida para axudar ás familias que tiveran fillos ou fillas neste ano 2018. Esta medida xa se levou a cabo o ano pasado, onde 31 familias da vila foron beneficiarias da medida
MELIDE 7 de setembro de 2018.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou durante a xornada de onte unha axuda de 300 euros para beneficiar as familias que neste 2018 tiveran fillos ou fillas. Trátase dunha medida que se pon en marcha por segundo ano consecutivo e que pretende servir de axuda para os veciños e veciñas que deciden ampliar a súa familiar e afincarse en Melide.
Tal e como apunto a rexedora melidense, Dalia García, "esta liña pretende ser unha medida para afincar poboación ademáis dunha axuda de 300 euros por cada neno/a melidense que cumpra todos os requisitos da orde de regulamento que xa pode consultarse no Centro Social de Melide".
REQUISITOS PARA OBTER A AXUDA
A partida presupostaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros terá capacidade para xestionar todos os expedientes ata que se esgote o orzamento ao efecto. Será Servizos Sociais xunto cos propios interesados os encargados de xestionar esta axuda que terá que cumprir estrictamente co regulamentado: cada nado no 2018 deberá ser empadroado en Melide xunto cun dos seus proxenitores que a súa vez deben estar empadroados na vila cunha anterioridade mínima de 6 meses.
Ao recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide achega o seu grao de área para loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega.