Novas

Máis novas

As veciñas de Melide correrán a Carreira da Muller da Coruña un ano máis

05/09/2018. As veciñas da vila terán unha nova oportunidade este ano de participar na Carreira da Muller que se celebra na cidade da Coruña o domingo 16 de setembro. O prazo para inscribirse nesta iniciativa está aberto ata este venres

MELIDE 5 de setembro de 2018.- A Concellería de Xuventude do Concello de Melide que dirixe Yolanda Pérez, xunto coa colaboración da Asociación Deportiva Cerne Melide organiza para o domingo 16 de setembro unha viaxe a cidade da Coruña para participar na carreira da muller por segundo ano consecutivo.  Trátase dunha actividade con fins benéficos xa que os cartos que se recauden das inscricións serán doados á Asociación Española contra o Cancro.

A carreira que se realiza a nivel estatal, ten un percorrido de 6,5 quilómetros e que se poderá realizar correndo ou camiñando. Dende a Concellería de Xuventude informan que se dispoñerá dun autobús àra realizar o desprazamento ata a cidade herculina e que poderán participar mulleres con máis de 12 anos de idade.

As persoas interesadas en participar na Carreira da Muller da Coruña poderán realizar a súa inscrición no Concello de Melide ata o próximo venres 7 de setembro ás 14h. Para realizar esta inscrición será necesario achegar ás dependencias municipais unha fotocopia do DNI e realizar un pagamento de 11 euros.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp