Novas

Máis novas

Chega a exposición “A Adaptación Permanente das Forzas Armadas”

05/09/2018. Melide acollerá dende este venres e ata o 15 de setembro na Casa da Cultura a exposición fotográfica “Defensa Nacional. A Adaptación Permanente das Forzas Armadas” organizada pola Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Defensa

MELIDE 5 de setembro de 2018.- Melide será sede da exposición fotográfica organizada pola Secretaria Xeral Técnica do Ministerio de Defensa, a través da Subdirección Xeral de Publicacións e Patrimonio Cultural, baixo o nome de “ Defensa Nacional. A adaptación permanente das Forzas Armandas” que mostra por vez primeira a través de fotografías e infografías, a nova estructura do Exército de Terra, da Armada e do Exército de Aire para dotar a España da mellor Forza Conxunta que tivera nunca.

Do que se trata é de visualizar e transmitir ao público que acuda a exposición que as Forzas Armadas están inmersas nun proceso de modernización e adaptación permanente co obxetivo de garantir a Defensa Nacional ante un mundo en continua evolución con potenciais enemigos aos que en ocasións e difícil identificar.

A exposición consta de 36 fotografías, 11 infografías e 36 carteles que reflexarán a realidade das Forzas Armadas. O lugar para poder visitala en Melide será a sala de exposicións da Casa da Cultura da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp