Novas

Máis novas

Reanúdase a actividade de Bule Melide para persoas con enfermidades crónicas

05/09/2018. Comezou un novo curso para os veciños e veciñas que participar no programa Bule Melide con actividades para persoas con enfermedades crónicas que melloran a súa calidade de vida. Lévase a cabo no polideportivo e na piscina

MELIDE 5 de setembro de 2018.- Bule Melide retomou a súa andaina durante esta semana, despois do parón estival do mes de agosto. Máis dun centenar de persoas comenzaron coa ximnasia terapéutica que todos os anos se oferta dende o Centro Social de Melide chegando a ser unha das actividades con máis afluencia de usuarios, según nos indica a concelleira responsable do departamento de Benestar , Mª Jesús López Mourón que “se trata dunha actividade totalmente diferente a calquera outra que se oferta dende o Centro Social tendo en conta a repercusión que ésta ten na poboación en xeral, xa que é escollida polos usuarios de calqueira idade que teñan unha patoloxía crónica cuxo obxetivo é a melllora da calidade de vida dos participantes os cales a elixen máis por necesidade e indicación médica que e non tanto por “gusto””.

Dende o Concello de Melide reafirmánse no planteamento de “seguir priorizando a calidade de vida das persoas e polo tanto neste tipo de actividades que engloban un gran número de participación e que tan bos resultados recolle”.

A actividade que deu comenzó este ano no mes de febreiro, lévase a cabo durante os luns, mércores e venres con dúas modalidades distintas, unha de actividade en terra e outra en auga, utilizando nesta última  as instalacións da piscina climatizada, sendo optativa e  terá o seu fin a finais de ano donde se fará unha valoración dos avances en cada un dos participantes a mesma.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp