Novas

Máis novas

O San Roque de Melide despide unha semana de festexos con máis de 19 actuacións

21/08/2018. O Santo máis peregrino despediuse onte coa actuación da Orquestra Panorama e a celebración do tradicional Día do Neno. Milleiros de persoas se congregaron no Cantón de San Roque a ritmo dunha das orquestras de renome galego

MELIDE 21 de agosto de 2018.-O Concello de Melide albergou onte unha das súas citas grandes, a da Orquestra Panorama que puxo o fin de festa a máis de dez días de actividades lúdicas, musicais e deportivas no cerne de Galicia.

Milleiros de visitantes da Comarca, así como os emigrantes retornados derónse onte cita no Cantón de San Roque a ritmo dos éxitos do verán e dos clásicos dos anos 90. Con este acto, finalizan máis de 10 días de festa, onde houbo cartel para todos os gustos: dende a música tradicional da man de Froito Novo e Herb aGrileira, Leirbuxo ou a nobel agrupación saída do Conservatorio de Música Profesional de Melide, Catro Caños, con membros de moi baixa idade ata as mellores e de máis renome Orquestras de Galicia, xunto con artistas de fama nacional como David de María ou La Pegatina.

Melide despide así a súa semana grande cun ambiente festivo mais equilibrado que adicou a xornada de onte aos máis pequenos e pequenas da casa con descontos de ata a metade nun día do neno onde o tempo sonríu e permitiu desfrutar das atraccións, dos xeados e dos zumes repartidos pola Comisión de Festas así como por parte do persoal do Concello de Melide.

Pola súa banda, a alcaldesa de Melide. Dalia García, fai un balance moi positivo das festas, agradecendo o traballo da Comisión así como a colaboración de todos e cada un dos veciños e veciñas de Melide para que a nosa vila siga a ser un referente dentro das verbenas máis agardadas no calendario estival, competindo incluso a nivel de actuacións con grandes ciudades. Fontes municipais sinalaron que os festexos se desenrolaron sen maiores incidentes e que supoñen un motor económico moi importante para todo o tecido comercial, turístico e hostaleiro de Melide.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp