Novas

Máis novas

Adxudicadas as obras de acceso a explotacións agropecuaria en Donide e Outros

22/08/2018. A alcaldesa de Melide, asinou o contrato de adxudicación dunha obra cuxo presuposto de licitación é de 85.727,29 euros e que supoñerá o arranxo de cinco pistas en varias parroquias melidenses. Serán beneficiarias cinco parroquias

MELIDE 22 de agosto de 2018.-  Logo da adxudicación en Xunta de Goberno local o pasado día 14 de agosto, a alcaldesa melidense, Dalia García, procedeu á sinatura do contrato de obra do proxecto “Acceso a explotacións agrarias Donide e outras”, que levará a cabo a reparación do firme en varias parroquias de Melide: Maceda, Grobas, Baltar, lugar Trasmundi, Santalla de Agrón e San Cosme.

As actuacións darán comezo nas próximas semanas co fin de que antes do outono quede finalizada a execucción da obra. En esencia, trátase da limpeza das pistas de acceso ás explotacións, así como o renovado do firme que en moitos casos dalle servizo a explotacións gandeiras, que en palabras de García, son un motor económico moi importante da nosa economía local, e onde o rural melidense ten que ter os mellores servizos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp