Novas

Máis novas

O Concello pon en marcha o programa Horeca Hostalería para envases lixeiros

29/08/2018. O goberno local vén de impulsar xunto con ECOEMBES unha iniciativa focalizada na hostalería co fin de contribuir a incrementar o índice de envases lixeiros que se verten ao colector amarelo e facilitar a separación de residuos

MELIDE 29 de agosto de 2018.-  HORECA é un programa de ECOEMBES centrado na mellor separación de residuos nun dos ámbitos comerciais que ten un elevado índice de refugallos, a hostalería. O Concello de Melide non é novo neste tipo de iniciativas xa que en 2017 levou a cabo a distribución de contenedores axeitados para o vidro xunto con puntos de vertedura verde que facilitaban o traballo de separación e reciclaxe deste material aos propios traballadores dos locais.

Nesta senda vai a segunda liña iniciada ao respeto, é dicir, se en vidro Melide é unha das vilas con máis porcentaxe de toneladas recicladas, non pasa o mesmo cos envases lixeiros que deben verterse ao contenedor amarelo.

Así as cousas, goberno local e ECOEMBES xunto coa empresa concesionaria da limpeza viairia e recollida de residuos poñen en marcha unha iniciativa dentro da hostalería no mesmo sentido, a posibilidade de informar e adherirse ao programa de reciclaxe personalizado cun cubo amarelo de diferentes dimensións segundo as necesidades de espazo do local hostaleiro así como as necesidades de cada local en materia de volumen de creación de residuos de envases lixeiros para posteriormente facilitar dita reciclaxe. Os técnicos de HORECA hostaleria visitarán nas próximas semanas igualmente os comercios para ampliar este programa con outro similar desta vez adicado á recollida de papel porta por porta, sempre e cando haxa un volumen mínimo de cartón en cada local comercial.

Con estas dúas iniciativas o goberno local pretende incrementar o índice de reciclaxe tanto de envases lixeiros como de cartón instando tanto á hostalería como ao comercio local adherirse a estas iniciativas gratuitas que benefician ao conxunto da poboación en xeral ao tratarse de melloras no reciclaxe e polo tanto, no medioambiente.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp