- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Sons do atlántico” chega coa Orquestra de Cámara Galega a Melide
14/08/2018. As Festas do San Roque chegan a Melide con concertos de música variada ao longo de nove días. Mañá mércores 15 de agosto chega “Sons do atlántico” da Orquestra de Cámara Galega con Rogelio Groba á cabeza á praza do Convento ás 22h
MELIDE 14 de agosto de 2018.- A Orquestra de Cámara Galega ofrece mañá un concerto en Melide na praza do Convento ás 22h da noite. Presentará a súa proposta “Sons do Atlántico”. Segundo explican dende a dirección da orquestra, é unha proposta cun programa amplio e variado.
Rogelio Groba, director da Orquestra de Cámara Galega explicana que “Melide acollerá un concerto de música de cámara e contemporánea creada por compositores de todos os países que tiveron influxo do noso océano ó longo da historia, facendo especial fincapé en autores iberoamericanos e recalando sempre nos compositores galegos”.
O concerto de mañá tamén inclue unha homenaxe ao prolífico compositor, o maestro Rogelio Groba.
A entrada será de balde e o concerto forma parte da programación das Festas do San Roque 2018.
ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
A Orquestra de Cámara Galega foi fundada no ano 1995 e está integrada por músicos galegos formados por diversos conservatorios europeos. Desenvolve unha intensa actividade que a leva a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco temprano ata hoxe, incluindo a difusión de autores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do maestro Rogelio Groba. Groba é na actualidade o compositor de música clásica máis prolífico de Galicia con máis de 700 obras.