- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Finalizan os trámites para a cesión á Xunta dos terreos para o Centro de Saúde
10/08/2018. O goberno local vén de finalizar os trámites para a cesión á Xunta dos terreos afectados para o Centro de Saúde. A alcaldesa de Melide, informará na Comisión Extraordinaria e Urxente de Asutos do Pleno do tema á oposición
MELIDE 10 de agosto de 2018.- O goberno local vén de convocar a comisión extraordinaria e urxente de asuntos do Pleno co fin de ceder definitivamente e de maneira gratuíta os 4968 metros necesarios para a construcción do Centro de Saúde.
A alcaldesa, Dalia García, explicará mañá martes en Comisión Informativa o trámite que será elavado ao Pleno municipal e do que agarda contar cos votos favorables da oposición do PSOE e do BNG nun asunto tan impotante e de tanta trascendecia para Melide;
Así as cousas, a Xunta de Goberno local inventariou unha sola finca rexistral fronte as tres que constaban no catastro e no rexistro da propiedade o pasado xoves, e unha vez feito ese trámite, se procedeu por parte dos servizos de Secretaría, Intervención e Urbanismo a informar todo o procedemento en tempo record, subliña a alcaldesa. “Temos que agradecer o sobreesforzo que están a realizar nestos momentos os empregados municipais nos diferentes servizos dos que conta o Concello, pero con respecto a este expediente, todos e cada un deles, nos tres departamentos implicados, Secretaría, Intervención e Urbanismo veñen de facer un traballo impecable e nunhas datas onde a administración local non conta cos recursos suficientes para facer fronte a todo o traballo, polo que é de xustiza agradecer que a día de hoxe, a piques de comenzar as festas do San Roque 2018 tamén contemos con esta boa nova, o expediente finalizado da cesión ao SERGAS dando cumprimento por Concello de tanto ao Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Melide para a execucción das obras”.
A finca que se propón á cesión do pleno é de natureza patrimonial e está situada nas rúas Doutor Flemin e Doutor Emilio Pereiro do Concello de Melide e provén dunha única finca rexistral que se cede ao Concello nos anos 80; A alcaldesa resalta a importancia que neste expediente tivo a cooperación cidadá ao permitir en todo momento axilizar os prazos legais grazas a disposición de todos e cada un dos veciños colindantes e que grazas a eso podemos gañarlle tempo a este arduo proceso administrativo.
Así mesmo, recordan fontes municipal que este foi un expediente moi laborioso, que supuxo a inscrición dunha finca de 1.042 metros cadrados xa no ano 2016 como propiedade municipal xa que non constaba no Inventario Municipal; unha vez solventado o problema, a partir dese momento o proceso seguiu o trámite administrativo pertinente ata chegar ao día de hoxe, onde se finaliza.
O NOVO CENTRO DE SAÚDE
O novo Centro de Saúde do que xa consta no Concello de Melide copia do proxecto básico, se situará nesta única finca rexistral e será un centro de vangarda e acorde co entorno. Tanto dende a Alcaldía como dende a Consellería de Sanidade, a proposta do novo centro de saúde que se realizará na parcela que se propón á cesión trasladará todos e cada un dos servizos do actual a un novo complexo asistencial único. En concreto terá un patio interior con vexetación e acceso controlado, onde se encontrarán os accesos á Urxencias, ao centro de saúde e a posible conexión cos edificións existentes.
A accesibilidade peatonal e rodada quedan perfectamente diferenciados para dar un servizo de calidade e atención de primeira aos usuarios e ao propio persoal médico e asistencial. Será dunha soa planta para favorecer a mobilidade en todos os puntos; Con salas de agarda abertas e acristaladas ao Este e cun espazo con xardin entre a existente edificación denominada Centro de Unidade Formativa e o novo edificio construido. A fachada rompe a ortoganalidade para permitir a súa apertura visual á rúa Ourense e crea un porche cuberto que comunica o acceso á urxencia e o acceso ao novo Centro de Saúde. A ditribución do edificio se fixou seguindo os criterios do SERGAS; a sala de control se situará ao lado dos accesos, xunto co local de toma de mostras, traballador social e acceso a fisitoerapia. A área de pediatría localizase no extremo sur cunha zona de espera específica que non interfire co funcionamento do resto do centro. O acceso á urxencias permite un acceso directo dende a rúa Ourense e comunicación privada a través dos espazos de persoal. En definitiva, un edificio de superfice de aproximadamente 1.928 metros cadrados que cumplirá coas demandas sanitarias da veciñanza de Melide.
A ALCALDESA AGRADECE A IMPLIACIÓN DA XUNTA
Dalia García agradece a implicación da Xunta de Galicia que en todo momento dende a Consellería de Sanidade estivemos traballando coordinadamente para que se poidera facer posible a cesión con todas as garantías legais pertinentes xa que hai que contar co Rexistro da Propiedade e coa Sede do Catastro ademáis de todos os informes dunha complexidade técnica elevadapor parte dos servizos municipais implicados para poder facer realidade a cesión dos 1000 metros cadrados máis que eran necesarios para posuír un edificio de vangarda que se instalará en case 5000 metros, adaptado as necesidades que en materia sanitaria ten Melide.
MÁIS AVANCES EN SETEMBRO
No vindeiro mes de setembro, unha vez aceptada polo SERGAS a cesión definitiva da finca pertinente, o Concello de Melide procederá a dar licencia para o edificio e proseguir cos trámites necesarios para a execución da obra.
Pódese dicir, en palabras de García, que con este pleno, onde aprobaremos a cesión con toda seguridade, remata un dos procesos de máis trascendencia para a vida dos melidenses que dura máis de 10 anos comezando aquí a primeira pedra para facer realidade o que é hoxe día a necesidade imperante do novo Centro de Saúde para Melide.