Novas

Máis novas

Melide acolle durante tres días unha nova edición da Feira Medieval

13/08/2018. A feira dará comezo hoxe ás 18h da tarde e celebrarase ata a noite do mércores 15. Un total de tres días cheos de programación con actividades para toda a familia. Toda a programación pode consultarse na páxina web do Concello

MELIDE 13 de agosto de 2018.- A zona antiga de Melide prepárase para acoller unha nova edición, e con esta xa vin sete, do Mercado Medieval. Este evento que se asentará nas rúas do casco antigo da vila durante tres días ofrecerá a veciños e visitantes actividades para todas as idades.

 “Precisamos a colaboración  de todos os veciños que viven nas rúas e nas prazas onde se vai a asentar o Mercado Medieval para que durante os tres días de duración todo transcorra con normalidade”, explicaba a alcaldesa de Melide, referíndose ao dispositivo especial que se poñerá en marcha co comezo da feira, o vindeiro  luns.

As zonas que se cortarán ao tráfico e donde se asentan os postos do Mercado Medieval así como os lugares onde terá lugar os diferentes espectáculos serán: a praza do Convento, a praza das Ichoas, praza das Coles e praza do Pozo Pequeno. Os cortes de tráfico tamén afectarán a rúa do Convento, rúa Ovedo, rúa San Antón na marxe esquerdo de entrada á rúa Cátedra, rúa San Pedro e rúa Principal.

O casco antigo da vila de Melide converterase dende hoxe luns e ata o mércores 15 de agosto nun auténtico Mercado Medieval onde as actividades serán variadas e para todas as idades.

A alcaldesa da vila, Dalia García, animaba a todos os veciños a asistir caracterizados de época e a participar activamente neste Mercado Medieval antesala das Festas de San Roque.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp