Novas

Máis novas

Punto final para o campamento urbano do Concello de Melide

13/08/2018. O pasado venres poñíaselle o punto final ao campamento urbano do Concello de Melide que se levou a cabo durante a última semana do mes de xuño, todo o mes de xullo e ata o 10 de agosto e que contou con centenares de participantes

MELIDE 13 de agosto de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Igualdade e Benestar puxeron en marcha un ano máis este verán o campamento urbano que tivo lugar a última semana do mes de xuño, todo o mes de xullo e ata o 10 de agosto.

Os campamentos de Melide levaronse a cabo nas instalación do colexio número 1 de Melide e contou con moitos participantes, “superándose este ano todos os récords” explica a rexedora melidense, Dalia García, “onde houbo semanas nas que se superaron os 100 inscritos”. O obxetivo dos campamentos urbanos de Melide era facilitar a conciliación laboral e familiar nunhas datas nas que os rapaces e rapazas teñen vacacións e os pais e as nais teñen que seguir cumprindo coas súas responsabilidades laborais.

A festa de final de campamento celebrouse o pasado venres cunha festa da escuma e contnou coas presencia de Dalia García, a alcadesa de Melide e con María Jesús López, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, departamento encargado de poñer esta iniciativa en marcha ano tras ano.

 

 

que colabora o Concello de Melide.

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN

A alcaldesa de Melide, Dalia García asinou na mañá de hoxe xunto con Victor Manuel Fernández, o presidente do Clube Ciclista Melidense un convenio de colaboración polo que o Concello de Melide destina 2.000 euros do seu orzamento municipal para colaborar con este clube.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp