Novas

Máis novas

O programa das Festas do San Roque 2018 comezou co día do Río

13/08/2018. O programa das Festas do San Roque 2018 comezou co día do Río que se celebrou no día de onte na área recreativa do Río Furelos. Actividades para toda a familia e música de charanga deron comezo ás festas máis afamadas de Melide

MELIDE 13 de agosto de 2018.- A programación das Festas do San Roque deu comezo no día de onte co día do Río que se celebrou como é habitual cada ano na área recreativa do río Furelos. A festa campestre contou con numerosos participantes, a pesares de que o o tempo non acompañou e a media tarde as choivas chegaron á zona.

A música ao longo da xornada correu a cargo da charanga Leña Verde e ao mediodía os que se achegaron puideron gozar de servizo de polbo e churrasco.

Pola tarde os participantes no día do río gozaron dos xogos populares para grandes e cativos, dun torneo de tute, dunha taller de zumba e dun inchable xigante de auga que fixo as delicias dos máis cativos.

O día do río deu o pistoletazo de saída ás Festas do San Roque que continuarán con programación de actividades e concertos ata o luns 20 de agosto.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp