Novas

Máis novas

Melide adhírese á campaña “De troula con sentido” para unhas festas libre de violencia sexista

10/08/2018. Melide é un dos concellos galegos que se adhire á campaña “De troula con sentido” para ter unhas Festas do San Roque libre de violencia sexista. Informarán aos asistentes e veciños desta campaña por medio de folletos informativos

MELIDE 10 de agosto de 2018.- O Concello de Melide adhírese á campaña “De troula con sentido” que vela este verán en Galicia porque as festas populares estean libres de violencia sexista. Trátase dunha iniciativa organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e conta coa colaboración da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Fegamp.

A alcaldesa de Melide, Dalia García,  explicaba que esta iniciativa busca previr e concienciar e sensibilizar no ámbito da igualdade e o respecto, así como actuar e apoiar no caso de que ocorra alguna agresión. Dende o Concello de Melide repartirase material publicitario durante os días da festa que axude a coñecer en profundidade á campaña e ao mesmo tempo instará a un comportamento cívico nunhas datas nas que Melide se enche de persoas para gozar das festas máis grandes do ano.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp