Novas

Máis novas

Melide comeza a programación do San Roque 2018 co día do Río o domingo

10/08/2018. Será este domingo 12 de agosto cando a celebración do día do río dea o pistoletazo de saída ás festas do San Roque. A xornada dominical trascorrerá na área recreativa do río Furelos con animación musical e inchables para os nenos

MELIDE 10 de agosto de 2018.- As festas do San Roque comezarán este domingo coa celebración do día do río. Como é habitual a área recreativa do Río Furelos encherase de veciños visitantes que se achegan ata este emprazamento para pasar un día diferente e para gozar dunha xornada diferentes acompañados dos seus familiares e amigos ao aire libre.

Dende a Comisión de Festas do San Roque dan o pistoletazo de saída a nove días de actividade de Melide co comezo deste xeito das festas máis afamadas da vila.

O domingo en Furelos haberá servizo de polbo e churrasco para aquelas persoas que desexen comer na propia área recreativa a ao longo da tarde haberá talleres gratuitos de zumba e dende ás 17h e ata ás 20h os máis cativos poderán gozar cun inchable de auga.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp