- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide prepárase para acoller a sétima edición do Mercado Medieval
09/08/2018. Melide prepárase para viaxar ao medievo, e farao dende o luns e ata o mércores, tres días nos que o casco antigo acollerá mostra de artesanía e espectáculos. O Concello de Melide organiza o peche de prazas e rúas para o evento
Melide 9 de agosto de 2018.- A zona antiga de Melide prepárase para acoller unha nova edición, e con esta xa vin sete, do Mercado Medieval. Este evento que se asentará nas rúas do casco antigo da vila durante tres días ofrecerá a veciño me visitantes actividades para todas as idades.
Así, dende o Concello de Melide, organizan estes días previos como a distribución dos diferentes postos do Mercado Medieval e o corte das distintas rúas da vila donde se van asentar.
“Precisamos a colaboración de todos os veciños que viven nas rúas e nas prazas onde se vai a asentar o Mercado Medieval para que durante os tres días de duración todo transcorra con normalidade”, explicaba a alcaldesa de Melide, referíndose ao dispositivo especial que se poñerá en marcha co comezo da feira, o vindeiro luns.
As zonas que se cortarán ao tráfico e donde se asentarán os postos do Mercado Medieval así como os lugares onde terá lugar os diferentes espectáculos serán: a praza do Convento, a praza das Ichoas, praza das Coles e praza do Pozo Pequeno. Os cortes de tráfico tamén afectarán a rúa do Convento, rúa Ovedo, rúa San Antón na marxe esquerdo de entrada á rúa Cátedra, rúa San Pedro e rúa Principal.
PRESENTACIÓN DA SÉTIMA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL
O casco antigo da vila de Melide converterase dende o luns 13 e ata o mércores 15 de agosto nun auténtico Mercado Medieval onde as actividades serán variadas e para todas as idades.
Na xornada de hoxe, Dalia García, alcaldesa de Melide e Dolores Gómez, concelleira de Cultura, presentaron o Mercado Medieval que este ano chega a súa séptima edición. “Unha vez máis, Melide ateigarase de xente chegada de todos os puntos da Comarca e de fóra dela, para sumerxirse nun auténtico mercado do medievo”, dicía Dolores Gómez.
As rúas nas que se instalarán preto de medio centenar de postos gastronómicos e artesanais son a rúa Principal e a rúa de San Pedro, así como as anexas á praza do Convento e praza das Coles, principais emprazamentos onde terán lugar os diversos espectáculos que integran a programación do Mercado Medieval.
A alcaldesa da vila, Dalia García, animaba a todos os veciños a asistir caracterizados de época e a participar activamente neste Mercado Medieval antesala das Festas de San Roque.