Novas

Máis novas

Os rapaces do Centro Ocupacional finalizan o curso na Serra de Outes

08/08/2018. Os catorce alumnos do Centro Ocupacional de Melide desprazáronse hoxe ata a Serra de outes onde pola mañá participaron nunha actividade de equitación e a continuación gozaron dunha comida e dunha tarde diferente na praia

MELIDE 8 de agosto de 2018.- O alumnado do Centro Ocupacional de Melide desprazouse na xornada de hoxe ata a Serra de Outes como plan para finalizar o curso 2017/2018 que terá o seu último día o próximo venres 10 de agosto.

Un total de 14 usuarios e usuarias deste Centro melidense, gozaron de actividades de equitación no Centro Ecuestre Estrada para despois compartir unha comida de confraternidade e posterior tarde na praia de Broña.

Ao grupo do Centro Ocupacional de Melide acompañárono tres monitores e a profesora que está en aula con eles durante todo o curso. Dende a concellería de Igualdade e Benestar encargada da posta en marcha deste servizo en Melide e que dirixe María Jesús López Mourón, apuntan a que seguirán organizando diferentes visitas para que “os rapaces do Centro Ocupacional poidan compartir experiencias cos seus iguais fóra das aulas”.

O Centro Ocupacional de Melide volverá a reanudar a súa actividade no vindeiro mes de setembro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp