Novas

Máis novas

Concello e Comisión de Festas do San Roque asinan un convenio de colaboración

06/08/2018. O Concello de Melide, representado pola súa alcaldesa Dalia García e a Comisión de Festas do San Roque, co seu presidente Alberto Buján, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización das festas máis grandes da vila

MELIDE 6 de agosto de 2018.- O Concello de Melide e a Comisión de Festas do San Roque asinaron na mañá de hoxe un convenio de colaboración por valor de 50.000 euros. Trátase da cantidade que o ente local destina ano tras ano ás festas máis grandes da vila que son capaces de chegar a triplicar durante os seus días grandes a poboación da nosa vila.

A alcaldesa de Melide, Dalia García e o presidente da Comisión de Festas, Alberto Buján, asinaron no propio Concello de Melide o convenio de colaboración polo que se destinan 50.000 euros con cargo ao orzamento municipal para colaborar coas Festas do San Roque 2018.

A maiores de colaborar económicamente, o Concello de Melide pon á diposición todos os medios técnicos e humanos dos que dispón para que a realizaron das festas do mes de agosto se leven a cabo con total normalidade como vén sucedendo en anos anteriores. A alcaldesa de Melide e o presidente da Comisión, a maiores da sinatura do convenio, perfilaron os últimos flecos de cara á chegada das grandes festas melidenses que comezarán coa celebración do día do río o vindeiro domingo 12 de agosto.

A presentación oficial das Festas do San Roque por parte da Comisión e do Concello de Melide realizarase nos vindeiros días, onde se darán a coñecer todas as actividades que se levarán a cabo durante 9 días de celebración.

Pola súa banda, Dalia García, destacaba “ a labor altruista da Comisión de Festas do San Roque que un ano máis non deixa a ninguén indiferente, xa que a programación terá actividades para todos os gustos e todos os veciños e a xente que nos visita poderá gozar, un ano máis, das festas grandes da nosa vila”. Ao mesmo tempo, García facía un chamamento ao civismo “para que as festas máis grandes de Melide poidan levarse a cabo con total normalidade respetando a veciños e visitantes”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp