Novas

Máis novas

O XGL aproba a adxudicación da pavimentación do viario Cazallas- Os Ánxeles

03/08/2018. A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe aprobou as melloras no viario que comunica as parroquias de Cazallas e Os Ánxeles. Unha actuación que conta cun importe de máis de 60.000 euros e que será sufragada con fondos propios

MELIDE 3 de agosto de 2018.- A Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe, deu luz verde á adxudicación das obras de acceso á parroquia de Cazallas que comunica cos Ánxeles. Será unha actuación que contribuirá ao remate da obra, xa en execución, da construcción da senda peonil nas Cazallas.
A estrada provincial DP-4604 que comunica o casco urbano de Melide co Concello de Toques, é un viario moi transitado na actualidade por numerosos veciños e veciñas para realizar camiñatas durante o seu día a día. O Concello de Melide, actuará dende o ramal de Garceiras ata o núcleo das Cazallas, onde se atopa o emprazamento da igrexa da zona. Este ramal, comunica directamente coa DP-4604, e é utilizado cada día por numerosos veciños e veciñas para o seu acceso á parroquia dos Ánxeles.
As obras consistirán na pavimentación en aglomerado en quente neste treito que enlazará coa senda peonil e a reforma integral do núcleo da parroquia das Cazallas.
As melloras contarán cun orzamento de 60.414,03 euros e serán sufragadas con fondos propios. As obras iniciaranse previsiblemente a finais do mes de agosto.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp