Novas

Máis novas

Melide conta cun remanente de tesourería superior aos 3 millóns de euros

03/08/2018. O goberno deu conta no Pleno das magnitudes económicas da liquidación do 2017. O remanente de tesourería é de máis de 3 millóns polo que o goberno melidense, cumpre cos principios de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto

MELIDE 3 de agosto de 2018.- O goberno municipal melidense deu conta no Pleno celebrado no día de onte do bo ritmo económico do Concello. Proba delo as cifras que se desprenden dun remanente de tesourería de 3.413.887,19 euros ao peche do exercizo de 2017, cumprindo co principio de estabilidade orzamentaria e coa regra de gasto. A rexedora Dalia García, afirmaba que “Melide conta cunha boa xestión económica que levamos realizando dende o goberno local dende o ano 2011. Os ratios de endebedamento son do 8.75%, moito por baixo do 110% permitido polas ordes ministeriais tal e como nos informan dende Intervención Municipal, cumprindo así con todos os indicadores económicos esixidos pola lei”.

Así as cousas, García destacou igualmente que “o Concello ten un período medio de pago a provedores moi baixo, de 7.02 días, para o pagamento, o que tamén influe no circulante local”. 

O encargado de levar a cabo a exposioción da dación de contas do Pleno municipal para proseguir co trámite para aprobar a Conta Xeral do exercicio, foi Luis Arias, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide. A Conta Xeral do exercicio tal e como se avanzaba no Pleno de onte, cumprirá todos os preceptos legais de ser tramitada antes do 1 de outubro do ano inmediantamente posterior.

MOCIÓN SOBRE A MINA DE TOURO
O goberno local, mostrou a súa posición ante a proposta do BNG sobre a Mina de Touro-O Pino. Dende o Concello de Melide esixen que se cumplan con todas e cada unha das normativas en materia de medioambiente, augas, montes etc..que segundo as leis sexan perceptivas, e se é preciso se articulen mecanismos de control. “Como goberno responsable debemos garantir o respeto ao cumprimento das normativas urbanísticas, medioambientas e técnicas que esixen pola lexislación vixente, Lei de Minaria do ano 2008 e outras lexislacións sectoriais”- explicaba Dalia García-  “e onde o goberno municipal non vai dubidar que así sexa, así como a necesidade de unha esixencia de control superior, se é preciso por organismos independentes”, concluiu a rexedora.
O Pleno do día de onte, pechouse con rofos dos partidos da oposición ao goberno municipal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp