- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Salsa, bachata e kizomba protagonistas no Festival SBK en Melide
30/07/2018. Melide foi durante esta pasada fin de semana o epicentro dos bailes latinos dentro dunha iniciativa pioneira o I Festival e Concurso SBK Camiño de Santiago que aglutinou durante dous días a centenares de amantes do baile
MELIDE 30 de xullo de 2018.- Máis de medio millar de persoas participaron esta pasada fin de semana en Melide no I Festival e Concurso SBK Camiño de Santiago que se celebrou na vila e que tivo como protagonistas aos bailes latinos: salsa, bachata e kizomba. Era a primeira vez que se poñía en marcha esta iniciativa organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Alecrín que contaba coa colaboración do Concello de Melide.
Artistas da talla da parexa formada por Alex&Ornella esta última campiona do mundo na súa modalidade de salsa, estiveron en Melide acompañados doutros artistas de renome Xurxo e Reyes de Vigo, Diogo e Ana de Braga, Jaime Silva de Ourense, Lionel e Debby de Ponferrada, o Caito e Sara Kizomba Danza de A Coruña.
Ao longo de toda a fin de semana, tendo como escenarios principais a praza do Convento e o edificio multiusos, sucedéronse diversos talleres de iniciación e avanzado para todos aqueles os que quixeron aprender un pouco máis sobre os bailes latinos no corazón de Galicia. A zona dos viños e a zona dos pubs tamén serviron para que os participantes puideran lucir o aprendido, impregnando de bailes latinos cada rincón da nosa vila.
I CONCURSO DE BAILES LATINOS
O concurso de bailes latinos tivo lugar durante a tarde do sábado na casa da cultura, onde resultadron gañadores na modalidade de bachata a parella formada por Omar Torres e Irene Villa, de León, na cateogría de Salsa o premio foi para Sergio Pucela e Sandra de Valladolid e en Kizomba o primeiro posto foi para Borja Agustín rodríguez e Laura López de Betanzos.
O I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago, o Melide SBK Festival, respondendo as siglas dos bailes salsa, bachata e kizomba, pretende asentarse no calendario festivo de Melide ofrecendo unha alternativa como é a dos bailes latinos que ata o momento non existía na vila.