Novas

Máis novas

Comezan as obras de mellora en Cazallas e a construción dunha senda peonil

30/07/2018. Deron comezo as obras que farán realidade a senda peonil e as melloras na pavimentación na parroquia das Cazallas. Darán resposta ás demandas veciñais, actuacións que contarán cun orzamento de adxudicación de 106.947, 24 euros

MELIDE 30 de xullo de 2018.- As obras na parroquia das Cazallas deron comezo e consistirán na mellora da pavimentación e na creación dunha senda peonil.

Este proxecto, que ten un orzamento de licitación de 106.947, 24 euros, mellorará a pista de acceso ao núcleo das Cazallas pola marxe dereita da AC-840 en dirección A Coruña, xunto co acondicionamento do viario no lugar de Castro e Cabanelas.  Ao mesmo tempo que, dotará dunha senda peonil a zona, que é utilizada cada día por numerosas persoas para realizar as súas andainas ou practicar running.

Durante estes días, os traballos céntranse na limpeza das marxes do viario para proseguir coa pavimentación dos viais afectados. Esta semana proseguirán na zona de Cabanelas, que é o ultimo ramal da parroquia de Cazallas afectado.

Dende o Concello de Melide, alcaldesa Dalia García xunto coa Concellería de Obras xa mantiveron unha xuntanza coa veciños para explicarlles como se vai a levar a cabo este proxecto. A veciñanza coñeceu de primeira man o investimento que se vai a executar nesta parroquia. “Unhas obras necesarias- explica a rexedora- coa se mellorará o pavimento da parroquia moi deteriorado polo paso do tempo así como tamén coa construción da senda peonil incrementaremos a seguridade e a comodidade dos veciños que elixen esa zona para a práctica deportiva”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp