Novas

Máis novas

Teatro, música e actividades para todas as idades no Verán Cultural de Melide

27/07/2018. O programa de actividades, Verán Cultural, para o mes de agosto vén de presentarse no Concello de Melide, son actuacións que formarán parte da actividade cultural da vila durante un mes no que a poboación chega a triplicarse

MELIDE 27 de xullo de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da concelleira de Cultura, Dolores Gómez, presentaron na xornada de hoxe a programación cultural do Concello de Melide para o mes de agosto.

“Son actividades organizadas pensando en todos os tramos de idade e en todos os gustos, xa que entendemos que é tempo de lecer en Melide para que as familias poiden gozar das diferentes actuacións en conxunto”, explicaba a alcaldesa de Melide, Dalia García.

Pola súa banda, Dolores Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Melide facía fincapé no esforzo realizado dende o ente local para poder ofrecer estas alternativas de ocio ao longo dos días do mes de agosto, xa que “cremos que é importante que Melide goce dunha programación variada para que os nosos veciños e visitantes poidan pasar as tardes e as noites de verán na nosa vila, sen necesidade de desprazarse a concellos veciños nin tampouco as cidades”.

PROGRAMACIÓN PARA TODA A FAMILIA

A programación cultural do Concello de Melide no mes de agosto comeza co Garabato de Xogos o mércores 1, para continuar con Ilusións Ópticas, cousas imposibles o xoves. Xa o venres serán a quenda da música co concerto de Radio Cos e a presentación do seu traballo “Pasatempo”. A música continuará o sábado 5 de agosto, co concerto do melidense Nino Costoya e o domingo 5 de agosto, o grupo Ximiela de Louro visitará Melide coa súa mostra de música e baile tradicional.

A segunda semana do mes de agosto, o luns día 6 comezará con cinema ao aire libre na praza do Convento coa proxección de Blade Runner,o martes 7 chega a Melide o circo galaico de monicreques e o mércores 8 de agosto espectáculo para toda a familia con Ghop, Grupo de teatro ao cubo, o xoves 9, visita a vila a actividade A casa dos Xogos, e o venres 10, Tanxugueiras e a súa banda amosarán o seu último traballo aos veciños e veciñas de Melide.

A maioría das actividades celebraranse na praza do Convento, sempre que o tempo acompaña e senon desprazaranse á Casa da Cultura ou ao Palacio de Congresos e Exposicións. Todas elas son gratuitas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp