Novas

Máis novas

O programa Vermú no Camiño trae doble concerto a Melide esta fin de semana

27/07/2018. Catro Caños e Luis Berdu&Miguel Bello serán os protagonistas esta fin de semana do programa Vermú no Camiño que unha vez máis chega a Melide. A novidade é que este fin de semana haberá dúas actuacións no casco urbano da vila

MELIDE 27 de xullo de 2018.- O programa Vermú no Camiño, ofrece alternativa doble esta última fin de semana do mes de xullo. Por unha banda, mañá sábado será a quenda do grupo Catro Caños na rúa do Convento e este domingo os protagonistas serán Luis Bedu e Miguel Bello, coa súa actuación no Cantón de San Roque.

Todas as actuacións terán lugar a partir das 13.30h do mediodía, Luis Arias, concelleiro de Turismo indicaba que "con este tipo de actividades intentamos dinamizar máis aínda se cabe as fins de semana na nosa vila, onde veciños e visitantes saen a rúa para gozar do bo tempo e tamén para realizar as súas compras no mercado dominical". 

O mes de agosto comezará coa actuación de Dani Royo e Versións Band na praza das Ichoas para continuar o 12 de agosto na praza da Herba con Carlos Bau e Hugo Torreiro. O 26 será a quenda para Smoke Trío coa súa actuación na praza das Ichoas.

No mes de setembro, pechará o programa Vermú no Camiño a actuación de Chroma na praza das Ichoas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp