- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os ritmos latinos chegan a Melide co I Festival SBK “Camiño de Santiago”
27/07/2018. Melide será durante esta próxima fin de semana o epicentro dos bailes latinos, tendo como protagonistas salsa, bachata e kizomba cun amplo programa que encherá a vila de artistas de renome no mundo do baile e contará cun concurso
MELIDE 27 de xullo de 2018.- Máis de trescentos bailaríns participarán no que será o I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago que se celebrará en Melide esta última fin de semana de xullo, 28 e 29. Trátase dunha iniciativa pioneira na vila que está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Alecrín e que conta coa colaboración do Concello de Melide.
Artistas da talla da parexa formada por Alex&Ornella esta última campiona do mundo na súa modalidade de salsa, estarán en Melide acompañados doutros artistas de renome Xurxo e Reyes de Vigo, Diogo e Ana de Braga, Jaime Silva de Ourense, Lionel e Debby de Ponferrada, o Caito e Sara Kizomba Danza de A Coruña.
Artistas de danza de renome nacional e internacional tomarán as rúas de Melide con clases e shows totalmente gratuitos e para todas as idades.
O I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago, o Melide SBK Festival, respondendo as siglas dos bailes salsa, bachata e kizomba, pretende asentarse no calendario festivo de Melide ofrecendo unha alternativa como é a dos bailes latinos que ata o momento non existía na vila.