Novas

Máis novas

Comezan as obras de reposición da rede de pluviais da estrada AC-840

27/07/2018. As obras comezaron onte xoves e serán sufragadas pola Xunta de Galicia, supoñerá a reposición da rede de pluviais da AC-840 no centro urbano. As melloras terán un investimento de máis de 196.000 euros do organismo autonómico

MELIDE 27 de xullo de 2018.- As obras de mellora da rede de pluviais da Estrada AC-840 comezaron na xornada de onte A  Xunta de Galicia adxudicou estas obras de reposición na AC-840, no centro urbano de Melide, cun investimento de máis de 196.000 euros.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “gracias a esta obra poderemos mellorar moito os caudais e os saneamentos da vila. Con estas actuacións preténdese diminuir as inundacións que se producen nesta zona urbana de Melide”.

MELLORAS NA REDE DE PLUVIAIS DA AC-840

A actuación adxudicada á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL, e que dispón dun prazo de execución de 9 meses, permitirá interceptar parte dos caudais que chegan á rede da Rambla San Pablo en puntos intermedios, intersección coa rúa Doutor Francisco López (Pq. 49+670) e Camiño de Cábadas (Pq. 49+940). Deste xeito, redúcese o caudal que chega á zona urbana e minimízase a casuística asociada á topografía e configuración da rede existente, para o que se actuará tamén nestes viais locais.

As obras dimensionan a conexión da rede de pluviais existente na Rambla de San Pablo coa rede de pluviais existente na Rúa Doutor Francisco López García. A ensamblaxe realízase mediante unha arqueta de derivación que desvía parte do caudal a través dun colector, que enlaza coa rede de pluviais existente. Ao final da Rúa Doutor Francisco López García proxéctase a continuación da rede de pluviais, eliminando a conexión coa rede de residuais, ata o punto de vertedura na cuneta do camiño veciñal.

As obras tamén inclúen a conexión da rede de pluviais existente na Rambla de San Pablo cunha nova rede de pluviais ao longo de Camiño de Cábadas. Dita conexión realízase a través dunha arqueta de derivación, desde a que se envía parte do caudal a través dun colector.

No marco desta actuación, na Rambla de San Pablo se inclúe a reposición do paquete de firme completo na traza das gabias a executar, reforzado con formigón armado a canalización nos treitos de calzada, e repoñendo a capa de rodadura en todo o ancho da calzada, entre o Pq. 49+580 e o 50+280. E na rúa Doutor Francisco López García e en camiño de Cábadas realizarase a reposición de firme e repintado da sinalización horizontal.
As obras completaranse co cegado dos pozos de rexistro das redes de residuais e pluviais, para evitar os ruídos que producen co paso do tráfico. Tamén trasladaranse á beirarrúa os pozos de saneamento, e realizarase na calzada a reposición de firme necesaria.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp