- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A casa da cultura acolle un coloquio e exposición sobre o Camiño Portugués
26/07/2018. Melide acolle mañá un coloquio e a posterior inauguración dunha exposición que leva por nome “O Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela”. A actividade terá lugar na casa da cultura e será aberta ao público en xeral
MELIDE 26 de xullo de 2018.- A sala de exposicións de Melide, situada nas instalación da Casa da Cultura acolle unha mostra sobre o Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela. Trátase dun traballo que forma parte do proxecto I&D “Patrimonio Cultural da Euro-Rexión Galiza-Norte de Portugal, Geoarpad”. Enmárcase dentro do Programa operativo EP-Interreg V A Espanha Portugal (POCTEP).
COLOQUIO INAUGURAL
Con anterioridade á inauguración da exposición vaise a celebrar unha charla coloquio na que estarán presentes Dalia García, alcaldesa de Melide, María Dolores Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Melide, Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo, Ana Rita Dias, vicepresidenta do municipio de Vila Pouca de Aguiar-Portugal e fundadora da Federação Europeia dos Caminhos de Santiago, Alberto Baptista (Pró-Reitor da UTAD para os projetos estruturantes) e Xerardo Pereiro (UTAD – CETRAD), como moderador contarán coa presencia de Santiago Prado, (CETRAD – UNIR).
O coloquio estará aberto a todos os veciños e veciñas que teñan interese en coñecer máis en profundidade o Camiño Portugués Interior a Santiago de Compostela e estará composto por diferentes puntos de vista que aportarán dende diferentes ángulos os beneficios que ofrece o treito do camiño alí por onde pasa. Este espazo de conversa tamén servirá para compartir experiencias dos diferentes camiños que levan á capital galega dende diversos lugares do mundo.