- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Xunta propicia a inserción laboral en Melide a través do proxecto Emprural
26/07/2018. A directora xeral de Xuventude e a alcaldesa de Melide coñeceron o proxecto empresarial de Sport Moda que foi unha empresa da vila no que está a realizar as súas prácticas formativas unha moza participante no proxecto “Emprural”
MELIDE 26 de xullo de 2018.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada da alcaldesa de Melide, Dalia García, coñeceron de primeira man o proxecto empresarial Sport Moda no que está a realizar as súas prácticas formativas unha moza participante no proxecto ‘Emprural: mozos e mozas con proxecto’, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social orientada especialmente ao emprendemento e autoemprego da xuventude, aproveitando as oportunidades das zonas rurais.
Cecilia Vázquez sinalou que “os mozos e mozas que participan en proxectos de educación non formal, como é o caso do programa Emprural, melloran o seu capital social grazas ao establecemento de contactos que poden ser útiles en termos de empregabilidade”. Ademais, apuntou que “incrementan o seu capital humano de modo acorde ao desenvolvemento de competencias transversais como habilidades comunicativas, a adaptabilidade, o traballo en equipo e as habilidades interculturais; ao tempo que aumentan o seu capital psicolóxico, ampliando así o abano de posibilidades de inserción laboral”.
Emprural ten como finalidade facilitar á mocidade a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos nos eidos profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).
Nesta iniciativa están a participar 62 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar. Destas 62 persoas beneficiarias, 58 realizarán estadías formativas entre os meses de xullo a setembro en empresas de distintos sectores: gandeiro, vacún leiteiro, lácteo- queixeiro, ovino, canino, agrobótica, xenética, xardinería, cunicultura, equino, deseño de moda e comercio, entre outros.