Novas

Máis novas

A igualdade de xénero no deporte, protagonista no campamento urbano

24/07/2018. Os rapaces e rapazas do campamento urbano de Melide participaron esta mañá nunha actividade da campaña “Conquista elementos” para reflexionar sobre o papel feminino no deporte que se celebro una Casa da Cultura da localidade

MELIDE 24 de xullo de 2018.- O Concello de Melide acolleu durante a mañá de hoxe a campaña “Conquista elementos” que tivo lugar na Casa da Cultura onde estiveron presentes Tania Fente, árbitro de fútbol internacional e a veciña de Melide, Patricia López, campiona mundial de kickboxing e xogadora do Deportivo da Coruña feminino de segunda división.

Durante a mañá de hoxe, Tania Fente e Patricia López, explicaron aos presentes as súas experiencias como mulleres na elite do deporte. Foi unha actividade que se enmarcou dentro das iniciativas que a Concellería de Igualdade do Concello de Melide pon en marcha para fomentar a participación das mulleres na práctica de actividades físico deportivas en igualdade de condicións que os homes, superando barreiras que a día de hoxe dificultan a equidade de xénero.

Por outra banda, durante esta actividade tamén se promoveu un cambio na información deportiva dende a perspectiva da linguaxe escrita e icónica, que elimine os estereotipos e sexa quen de xerar referencias acordes á competencia deportiva feminina. A actividade xerou un espazo de debate e reflexión da necesidade de reinvindicar o papel das mulleres no deporte así como fomentar o deporte de base e o de elite.

A concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, María Jesús López, que estivo presente na actividade, explicaba que “actividades coma as de hoxe teñen como obxetivo concienciar sobre a igualdade de xénero e sobre a importancia de traballar esta temática dende as idades máis temperás co fin de ir modificando roles e incluindo valores de igualdade de xénero pouco a pouco para conseguir unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.

Ao acto acudiron os rapaces e rapazas dos campamentos urbanos do Concello de Melide, así como persoas de diferentes asociación da vila, escolas deportivas e veciños e veciñas da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp