Novas

Máis novas

A música das habaneras, banda sonora esta fin de semana en Melide

23/07/2018. A Coral Polifónica organizou unha nova edición do Festival de Habaneras que se celebro nunha casa da cultura ateigada de xente o sábado. Esta foi a cuarta edición e contou con corais chegadas dende diferentes lugares de Galicia

MELIDE 23 de xullo de 2018.- O pasado sábado Melide acolleu unha nova edición do Festival de Habaneras que tivo que ser trasladado da praza do Convento ao auditorio da casa da cultura por mor da mala previsión meteorolóxica. Pese ao cambio de ubicación, o cuarto Festival de Habaneras foi capaz de encher de público a súa actuación que contou coa actuación da coral local e tres convidadas chegadas dende diferentes puntos da xeografía galega: a Coral Casino das Coruña, a Coral Polifónica Padronesa, a Coral Ureca de Vigo.

Foi un evento organizado pola Coral Polifónica de Melide e que contou co patrocinio do Concello de Melide, Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A CORAL POLIFÓNICA DE MELIDE

A Coral Polifónica de Melide naceu no ano 1982 baixo a dirección de Andres Sampayo Sixto e debuta durante as Festas do San Roque. Foi no ano 1991 cando comezou a levar a súa música polas vilas e cidades de Galicia e de España e Portugal. Organiza todos os anos o Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” a Semana da Música “Terra de Melide” e o Festival de Panxoliñas no nadal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp