Novas

Máis novas

Furelos viaxou ao 1900 a pasada fin de semana con numerosas actividades

23/07/2018. A aldea de Furelos viaxou esta pasada fin de semana ata o ano 1900 onde se recreou por medio de ambientación e figuración os tempos de hai medio século. Obradoiros, concertos, mostra de artesanía, formaron parte da programación

MELIDE 23 de xullo de 2018.- Durante esta pasada fin de semana, Furelos viaxou no tempo ata o século pasado convertíndose a aldea nun escenario perfecto para retornar anos atrás e coñecer como era a vida fai máis de cen anos.

Tal foi así, que non só os postos e a aldea recordaba ao 1900 senon tamén os propios veciños e veciñas saíron dos seus fogares caracterizados de época colaboraron para recrear un ambiente propio de hai anos.

Ao longo de toda a fin de semana, no núcleo rural de Furelos, grandes e pequenos puideron coñecer o bo facer dos antigos oficios como por exemplo o latoeiro, a mestra, a costureira, etc..e participar ne diferentes obradoiros onde poder aprender a facer ricos, doce típico de Melide, ou profundizar na elaboración da tella, etc…

A música tampouco faltou no Furelos de 1900 esta pasada fin de semana. O venres pola noite, Smoke puxo a banda sonora a unha festa do anos 80 que se celebro una propia aldea de Furelos que se ateigou de público nostálxico que foi quen de cantar a meirande parte que o grupo agasallaba aos alí presentes. No panorama musical, o sábado foi a quenda para o grupo infantil Catro Caños e o domingo para o grupo de música tradicional Faíscas da Pontraga.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp