Novas

Máis novas

Furelos viaxa ao 1900 con obradoiros e música no IV Mercado de Época

19/07/2018. Furelos volve ao ano 1900. Será a cuarta edición da feira de época que se celebra nesta parroquia. Serán tres xornadas nas que Furelos retrocederá no tempo para amosar aos visitantes do siglo XXI como se vivía no siglo pasado

MELIDE 19 de xullo de 2018.- A parroquia de Furelos será durante os días 20, 21 e 22 de xullo de novo o escenario para acoller a cuarta edición da feira de época do 1900. En pleno Camiño de Santiago, revivirá eses anos para retroceder a unha época diferente á actual, anterior a todos os adiantos e modernidades acontecidos no século XXI.

Nesta feira terán especial protagonismo os veciños e veciñas que engalonarán as súas casas para convertelas en casas típicas dos anos 1900 así como tamén eles mesmos, estarán durante esa fin de semana pola aldea vestidos de época recreando oficios dos que xa non se conservan en furelos: o latoeiro, a mestra, a costureira etc.

A maiores de que os veciñas da aldea participen como figurantes desta feira de época, tamén haberá postos de artesanía e alimentación, música, obradoiros, xogos para nenos, servizo de pulpeira e taberna.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas de Melide e arredores a achegarse ata a aldea de Furelos que esta próxima fin de semana retorcerá máis de cen anos.

PROGRAMACIÓN 1900 EN FURELOS

A Feira de Artesanía coa demostración de oficios tradicionais poderá visitarse durante as xornadas de sábado e domingo en horario de 11 da mañá a 15h e pola tarde de 17h a 22h.

O sábado 21 de xullo celebrarase ás 18.30h da tarde un obradoiro de amasado de ricos para rapaces e rapazas maiores de seis anos, a actividade será na Casa Museo de Furelos. Será de 19h a 21 está programada a celebración dun obradoiro de xogos tradicionais. Durante a xornada do domingo de 11.30h a 13.30h e pola tarde de 17.30h a 21.30h celebrarase un taller participativo de cerámica. Serán talleres totalmente gratuitos e sen inscrición previa.

Os veciños de Furelos tamén serán protagonistas ofrecendo demostracións de diferentes oficios. Tanto o sábado como o domingo de 12h a 14h e de 19h a 21h poderase coñecer o oficio tradicional da talla de madeira, ás 18.30 (só o domingo) o amasado do pan, ás 19.30h a elaboración de queixos e ás 20.30h a elaboración de tella.

A música tamén xogará un papel importante no Furelos de 1900,  os encargados de amenizar este mercado de época serán o grupo infantil Catro Caños o sábado e o domingo o grupo de música tradicional Faíscas da Pontraga. O venres 20 pola noite, celebrarase na aldea de Furelos unha festa dos anos 80.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp