- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A videovixianza incrementará a seguridade no Palacio de Congresos
18/07/2018. O Concello de Melide vén de instalar diferentes cámaras de videovixianza no interior do Palacio de Congresos e Exposicións da vila co fin de incrementar a seguridade do mobiliario e dos vehículos que se atopan no seu interior
MELIDE 18 de xullo de 2018.- O Palacio de Congresos e Exposicións de Melide conta dende hai uns días coa instalación de varias cámaras de videovixianza co obxetivo de velar pola seguridade do parque infantil, das dúas pistas de pádel e dos vehículos municipais que se atopan no seu interior.
Trátase dunha medida adoptada polo goberno local para conservar en plenas condicións ás instalacións que alberga o Palacio de Congresos e Exposicións no seu interior. Tanto as pistas de pádel como o parque infantil son moi utilizados polos veciños e veciñas da vila, así como persoas de toda a Comarca que se achegan a Melide a practicar deporte ou a pasar unha tarde en familia a cuberto durante os meses de outono e inverno.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “decidimos adoptar esta medida xa que en momentos puntuais tense detectado algún mal tanto no mobiliario como nos baños públicos. Queremos instar de novo ao civismo, xa que se trata de instalacións moi demandadas polos veciños que cun bo uso poden ser disfrutadas por toda a veciñanza”.
Estas melloras realizadas no Palacio de Congreso completan as executadas hai uns meses para mellorar a eficiencia enerxética da instalación.