Novas

Máis novas

O Concello de Melide inicia unha nova campaña de desbroces nas parroquias

17/07/2018. Melide dende a súa concellería de Obras pon en marcha como cada verán unha nova campaña de desbroces nas parroquias da vila, co fin de previr incendios forestais e ao mesmo tempo mellorar a seguridade de conductores e viandantes

MELIDE 17 de xullo de 2018.-  A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Melide pon en marcha como cada verán unha nova campaña de desbroces nas  26 parroquias da vila. 
Trátase dunha campaña que se pon en marcha para mellorar a seguridade tanto de viandantes como de conductores que utilizan normalmente as estradas do rural para circular no seu día a día. O Concello de Melide ten traballando actualmente seis tractores, dous vehículos municipais e catro de empresas contratadas.

A campaña de desbroces comezou na parroquia de Golán e estes días os traballos estanse realizando nas parroquias de Maceda, Xubial, Campos e San Salvador, e pouco a pouco iránse extendendo a todas as parroquias do concello.
 

Aínda que a campaña de desbroces do Concello de Melide xa comezou nos pasados meses na época de primavera coas accións en pistas non asfaltadas é agora cando se fai especial fincapé nos viarios públicos asfaltados.

CHAMAMENTO PARA A LIMPEZA DE SOLARES

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide, fan un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas de Melide para que manteñan os seus solares limpos de maleza sobre todo nestes meses de verán no que as altas temperaturas poden provocar incendios. Tal e como explican ano a ano dende o Concello de Melide o incumprimento desta norma conleva sanción económica. Ademais serán os propietarios dos terreos os que teñan que asumir o custo dos traballos de limpeza no caso de que sexa o Concello quen os realice.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp