- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Ponlle as pilas ao teu bocata” chega ao campamento urbano de Melide
17/07/2018. Os rapaces e rapazas do campamento urbano de Melide coñeceron de preto alternativas saudables para os seus bocatas de verán coa iniciativa “Ponlle as pilas ao teu bocata” que chegou como actividade educativa para os participantes
MELIDE 17 de xullo de 2018.- Os rapaces e rapazas do campamento urbano de Melide participaron na xornada do pasado venres na actividade ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, que forma parte do programa Aliméntate Ben da Xunta de Galicia e que busca mellorar os hábitos de consumo dos nenos e nenas e derivalos cara a unha dieta saudable.
A actividade levouse a cabo no patio do colexio número 1 de Melide onde os participantes puideron probar bocatas de produtos do mar que moitos deles nunca saborearan, sendo sabores novidosos para os seus padais.
Esta campaña pretende achegar aos nenos e nenas de Melide toda esta información e ampliaros seus coñecementos acerca dos produtos do mar, acerca das conservas e acerca de tódalas posibilidades que ofrecen tanto no ámbito alimenticio, como didáctico e lúdico.
“PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA”
Esta iniciativa desenvólvese coa finalidade de ampliar o coñecemento dos escolares sobre as conservas de produtos do mar e as posibilidades que ofrecen no ámbito da alimentación. A través das actividades que inclúe esta campaña aprenden a manipular os alimentos do mar dende un punto de vista gastronómico, empregando as conservas como base de pratos sinxelos.
Esta iniciativa tamén ten como obxectivos ensinar aos estudantes distintos tipos de produtos do mar que poden atopar en conserva, que coñezan os envases destes alimentos e o proceso de fabricación, os produtos empregados e a historia do sector conserveiro.