- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello asina un convenio de colaboración coa Coral Polifónica da vila
13/07/2018. A Coral Polifónica asinou a través da súa presidenta un convenio de colaboración co Concello de Melide para sufragar algúns dos gastos que ten esta agrupación ao longo de todo o ano coa organización de diversas actividades
MELIDE 13 de xullo de 2018.- A Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte, deu luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello de Melide e a Coral Polifónica da vila por un importe de 4.000 euros.
Foi durante a xornada dehoxe venres, cando a alcaldesa de Melide, Dalia García e a presidenta da Coral Polifónica da vila, Inma Castro asinaron o convenio que axudará dende o ente local cos diferentes gastos que a agrupación ten na organización de diferentes actividades ao longo de todo o ano.
Como sucedeu con outras asociacións e colectivos da vila, o Concello de Melide asina este convenio previa á celebración do evento máis grande para a Coral Polifónica como é o IV Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” que terá lugar na vila o vindeiro sábado 21 de xullo.
A maiores, a Coral Polifónica de Melide pon en marcha numerosos eventos ao longo de todo o ano, como por exemplo a coñecida Semana da Música en novembro ou o Festival de Panxoliñas no nadal,