Novas

Máis novas

Los Duguis, protagonistas na vindeira actuación do programa Vermú no Camiño

13/07/2018. O programa Vermú no Camiño fará a súa próxima parada en Melide o vindeiro domingo ás 13.30h na rúa Alhóndiga co grupo Los Duguis, unha actuación musical que contruiburá a dinamizar aínda máis a xornada dominical na vila

MELIDE 13 de xullo de 2018.- Los Duguis, será o grupo encargado de poñer a banda sonora á xornada dominical  na zona vella de Melide. A cita será na Alhóndiga dende ás 13.30h do mediodía o vindeiro domingo 15 de xullo.

Trátase dunha actuación que se enmarca dentro do programa Vermú no Camiño que se pon en marcha dende a Concellería de Turismo do Concello de Melide que dirixe Luis Arias para ofrecer alternativas de ocio durante as fins de semana de verán.

Todas as actuacións terán lugar a partir das 13.30h do mediodía, Luis Arias, concelleiro de Turismo indicaba que "con este tipo de actividades intentamos dinamizar máis aínda se cabe as fins de semana na nosa vila, onde veciños e visitantes saen a rúa para gozar do bo tempo e tamén para realizar as súas compras no mercado dominical". 

MÁIS ACTUACIÓNS DE VERMÚ NO CAMIÑO

As actuacións do programa Vermú no Camiño terán continuidade durante o mes de xullo, agosto e setembro. O grupo Octopus será o encargado de amenizar coa súa música o domingo 22 de xullo a praza da Herba, situada en plena zona dos viños de Melide.

A fin de semana do 28 e 29 de xullo, haberá concertos os dous días. O sábado será a cita na rúa do Convento con Catro Caños e o domingo no Cantón de San Roque con Luis Bedu e Miguel Bello.

O mes de agosto comezará coa actuación de Dani Royo e Versións Band na praza das Ichoas para continuar o 12 de agosto na praza da Herba con Carlos Bau e Hugo Torreiro. O 26 será a quenda para Smoke Trío coa súa actuación na praza das Ichoas.

No mes de setembro, pechará o programa Vermú no Camiño a actuación de Chroma na praza das Ichoas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp