Novas

Máis novas

Gran acollida do Festival Internacional de Música, Melide Clásica

13/07/2018. Melide clausurou na noite de onte o Festival Internacional de Música, Melide Clásica, que encheu a vila de música dende o pasado 7 de xullo. Os concertos, todos gratuitos, tiveron lugar ás 22h da noite todos os días

MELIDE 13 de xullo de 2018.-  Melide acollía estes días, o Melide Clásica Festival Internacional de Música, que nace dentro do programa Groba en Ruta asdscrito ao Festival Groba que desde hai seis anos se leva realizando en Ponteareas e que ten como claro obxetivo a difusión, promoción, estudo e divulgación non só da obra do Mestre Rogelio Groba, o máis prolífico compositor do país, senón tamén da música clásica en xeral. Trátase dunha iniciativa que se organizaba dende Concellería de Cultura do Concello de Melide que dirixe Dolores Gómez.

Así, na súa primeira parada, o Proxecto Groba en Ruta, achégouse  ao concello de Melide estes días aportando toda a súa experiencia e creando o Festival Internacional de Música Melide Clásica, un festival que se prevé que teña continuidade no tempo.

As citas foron sempre ás 22h da noite, con entrada de balde dende o pasado 7 de xullo e ata onte xoves, no interior de lugares especiais cos que conta Melide para realizar concertos deste tipo, como foron a igrexa de San Antón, a de San Pedro ou mesmo o auditorio da Casa da Cultura.

O Festival Internacional de Música Melide Clásica, achegou a Melide a artistas de primeiro nivel no panorama musical con concertos en nun marco incomparable.

Durante a xornada de onte xoves, este festival clausurouse cunha ateigada igrexa de San Pedro para despedir esta iniciativa pioneira na vila coa música das obras de Mozart e Rogelio Groba interpretadas pola Orquestra de Cámara Galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp