- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide celebra as festas do Carme con tres días de actividades
13/07/2018. Aínda que Melide non é vila mariñeira, a festividade do Carme vívese con especial agarimo no municipio. Dende o próximo domingo e ata o martes a rúa énchese de troula para celebrar un ano máis as festas do Carme
MELIDE 13 de xullo de 2018.- O próximo domingo comezarán os actos de celebración da festividade da virxe do Carme. O próximo luns día 16 de xullo Melide vivirá a celebración do día grande das festas.
Como ven sendo habitual, a novena do Carme, comezou 9 días antes do pistoletazo de saída estas festas. Os actos relixiosos da virxe do Carme son seguidos por numerosos devotos e devotas da nosa vila. A novena da virxe do Carme comezaba na xornada do 7 de xullo, ás 8 da mañá, e pola tarde é ás 9 da noite, e ten lugar na igrexa do Castelo de Melide. Dada o difícil acceso deste templo para persoas enfermas, ou que posúan mobilidade reducida, xa que antes de chegar a esta igrexa hai que subir unha enorme pendente, o párroco da vila, organiza unha misa ás 19h da tarde na capela de San Pedro, na igrexa parroquial de Melide, para aquelas persoas que non poidan achegarse ata o Castelo de Melide.
Dende a Comisión organizadora das Festas do Carmen traballan a reo para conseguir que Melide teña ó longo de tres días festas na honra á Virxe do Carme.
MÚSICA NAS FESTAS DO CARME
A maiores do actos relixiosos, Melide contará con tres días de música para todos os gustos. O domingo 15 de xullo, a cita será con Suso de Boente e Froito Novo. O luns 16 é o turno para a Banda de Música de Vilatuxe, Froito Novo, a Charanga Támega e as orquestras Trebol e Compostela. O último día das festas, o martes 17 de xullo, a música correrá a cargo da Banda de Música de Meaño, do Grupo da Catequese de Melide e das orquestras Pasarela e Tango.