Novas

Máis novas

Comeza a cuarta edición do Salón de Voda “Casa con Nós” en Melide, con medio cento de expositores

13/03/2017. Dende a Concellaría de Promoción Económica, que dirixe Luis Arias, xunto coa colaboración da asociación ASETEM-CCA Melide e a organización de eventos Frida Kiwi lévase a cabo ata mañá esta cita no Pazo de Congresos e Exposicións melidense.

Todos os predispostos ao casamento teñen unha cita obrigada en Melide este fin de semana. O Pazo de Congresos e Exposicións abreu hoxe as súas portas para albergar un evento con repercusión para a comarca, o IV salón de vodas, “Casa con Nós”. A cita conta con cincuenta expositiores onde os noivos poderán atopar todo o relativo á vodas, o necesario para organizar un dos momentos con máis repercusión da vida. Xoerías, floristerías, fotógrafos, coches de época, empresas de transporte, DJs, música personalizada, textil para a ocasión, axencias de viaxe, así como outras moitas oportunidades necesarias para levar a cabo un evento destas características. 

Melide ofrece, ademáis, distintas oportunidades de ocio para os máis cativos da casa: Ludoteca, hinchables e diferentes talleres totalmente gratuítos para aqueles que visiten os stands do IV Salón de Voda. A feira "Casa con Nós" en Melide abrirá mañá as súas portas en horario ininterrumpido dende as 11.00 ata ás 20.30 horas. No Pazo de Congresos e Exposicións están dispostas as diferentes opcións para aqueles interesados en organizar un enlace coas últimas innovacións do ano 2017. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, e a concelleira Rosa Cabado visitaron esta mañá os diferentes stands desta feira, convidando a todo aquel que teña planeado levar a cabo este acto, que pase a visitar as diferentes opcións e ofertas que se presentan ata mañá, domingo 12 de marzo, data na que se agardan moitos máis visitantes. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp