Novas

Máis novas

Os doces de Melide protagonistas nunha maridaxe no Casino La Toja

12/07/2018. Melindres, ricos e amenadoados, os produtos doces típicos de Melide foron protagonistas durante esta semana dunha maridaxe organizada polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no Casino La Toja

MELIDE 12 de xullo de 2018.- Os produtos típicos da repostaría tradicional da Terra de Melide, ricos, melindres e amendoados, foron protagonistas na xornada Que marcas! ofrecida polo Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no Casino La Toja.

A sesión tivo como actividade estrela o Poker de Maridaxes, un xogo no que os asistentes tiveron que afinar os seus sentidos para acertar as harmonizacións entre os destilados galegos con selo de calidade e os produtos e pratos presentados para a ocasión.

A vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, foi a encargada de explicar aos asistentes as normas do xogo. A través dunha papeleta deberían unir os destilados e as propostas culinarias que consideraban harmonizaban mellor. “Hai que ir catando uns produtos e outros e escoller aqueles que consideran que maridan mellor”, indicou. As valoracións realizadas polo público resultaron todas moi positivas, destacando, así, a excelente acollida a esta nova actividade. “De acordo coas enquisas de satisfacción superamos unha puntuación de 4 sobre 5”, concreta Sonia Otero. Por iso, desde o Consello Regulador esperan realizar novamente esta actividade para que “o público poida ir xogando cos sabores e matices dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia para harmonizalos con distintos produtos”, conclúe.

PRODUCTOS MARIDADOS

Entre os produtos propostos para harmonizar cos destilados galegos con selo de calidade non faltaron os doces da Asociación de Repostería Tradicional de Melide Melide Terra Doce: melindres, almendrados e ricos –este último en forma de crumble e combinado con requeixo-, nin tampouco o Queixo Teto DOP. Desde o Consello Regulador agradeceron a colaboración das distintas entidades e empresas que participaron na posta en marcha desta iniciativa.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp