Novas

Máis novas

A alcaldesa recibe aos participantes da primeira quenda do Conecta Galicia

10/07/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de parte do seu equipo de goberno recibiu aos participantes da primeira quenda do Conecta Galicia que se achegaron ata a vila na súa peregrinación a Santiago de Compostela

MELIDE 10 de xullo de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos mozos que están a percorrer o Camiño de Santiago na primeira quenda do Conecta con Galicia. O responsable autonómico aproveitou, acompañado da alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, a parada que os rapaces fixeron no parque do cantón de San de Roque de Melide para xantar e tomar forzas antes de completar a etapa que os levou desde Palas de Rei ata Arzúa, para charlar con eles e recoller as súas experiencias.

Xunto a Miranda e á alcaldesa participaron no encontro as concelleiras de Traballo, Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón; e de Obras, Coordinación de Servizos e Educación, Rosa Cabado Rodríguez.

A alcaldesa de Melide, recibiu aos participantes neste programa na súa visita a Melide e explicoulles os principais recursos turísticos cos que conta a vila, animándoos no seu camiño cara Compostela do que “para o que final está cada vez máis cerca”. Agardando que a parada en Melide fose do agrado do grupo, a alcaldesa compartiu un anaco do seu tempo durante a xornada de onte.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp