Novas

Máis novas

As obras mellorarán a accesibilidade na AC-840 á entrada da vila

10/07/2018. O Concello de Melide, executa con fondos propios estes días melloras na estrada AC-840 ao seu paso pola vila, na zona de entrada ao municipio en dirección á Coruña. As melloras reorganizarán o tráfico rodado e o transporte público

MELIDE 10 de xullo de 2018.- O Concello de Melide realiza estes días melloras nas beirrarúas e na zona de acceso á vila na AC-840. Entre as actuacións que se están a realizar atópase a ampliación de beirarrúas na zona que incrementan a seguridade de viandantes así como tamén a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Ao mesmo tempo, tamén se están levando a cabo obras para a reorganización do tráfico rodado na zona e o transporte público onde tamén se instalará unha marquesina uniforme coa que xa está instalada neste mesmo viario AC-8540 na ronda de Pontevedra da vil co fin de prestar os mellores servizos aos veciños.

As obras serán sufragadas con fondos das arcas municipais con preto de 12.000 euros e contribuirán a reoganización do tráfico rodado e peatonal nesta zona residencial de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp