Novas

Máis novas

As obras do Cantón de San Roque reanudaranse no mes de setembro

10/07/2018. As obras do Cantón de San Roque, que se están executando nos últimos meses, reanudaranse no mes de setembro, debido á celebración das festas de verán para non prexudicar á hostalería nin os comercios locais que se atopan na zona

MELIDE 9 de xullo de 2018.- A alcaldesa de Melide, vén de comunicar que as obras de renovación do Cantón de San Roque, reanudaranse no mes de setembro. Será así, durante este período estival cando as obras permanezan paradas para non prexudicar e ser un obstáculo para a hostalería local e os comercios do centro urbano.

Dalia García, rexedora melidense, solictou formalmente xunto co director de obra e co equipo redactor do proxecto e a empresa concesionaria das obras o cese momentáneo destas obras, co único obxetivo de beneficiar o turismo e os comercios locais da zona, nuns meses de verán onde a actividade cultural da vila é trepidante e onde tamén se chega a triplicar a poboación melidense debido aos veciños que nos visitan.

“Do que se trata é de propiciar unha repercusión económica positiva nos negocios de hostalería e no comercio local da avenida de Lugo”, explica a rexedora.

As obras do Cantón de San Roque,reanudaránse co comezo do mes de setembro onde se procerán aos traballos para a finalización da primeira fase destas melloras coa posta en marcha da sinaléctica vertical, o pintado e a colocación de árbores e mobiliario ornamental nesta zona.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp