Novas

Máis novas

A música clásica protagonista na vila nun festival con artistas internacionais

09/07/2018. Concertos e diferentes obradoiros musicais chegan a Melide coa celebración do Festival Intenacional de Música, Melide Clásica que estes días se celebra na vila e que rematará o xoves 12 de xullo. Todos os concertos son gratuitos

MELIDE 9 de xullo de 2018.-  Melide acolle dende o pasado sábado e ata o próximo xoves 12 de xullo,  o Melide Clásica Festival Internacional de Música, que nace dentro do programa Groba en Ruta asdscrito ao Festival Groba que desde hai seis anos se leva realizando en Ponteareas e que ten como claro obxetivo a difusión, promoción, estudo e divulgación non só da obra do Mestres Rogelio Groba, o máis prolífico compositor do país, senón tamén da música clásica en xeral. Trátase dunha iniciativa organizada dende Concellería de Cultura do Concello de Melide que dirixe Dolores Gómez.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas a participar “nestes concertosgozando da música de calidade en directo nos diferentes emprezamentos elixidos para levar a cabo as actuacións, descubrindo compositores pouco coñecidos, de escoitar aos clásicos universais e de coñecer a obra do noso compositor, patrimonio cultural galego, o mestre Rogelio Groba”.

Así, na súa primeira parada, o Proxecto Groba en Ruta, achégase  ao concello de Melide aportando toda a súa experiencia e creando o Festival Internacional de Música Melide Clásica.

Durante esta pasada fin de semana xa tiveron lugar concertos. O primeiro foi o sábado na igrexa parroquial coa Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero que contou coa fantástica solista de clarinete Mariola Gil. Onte a violinista americana e reputadísima solista internacional Nancy Zhou acompañada por un dos mellores pianistas españois  Francisco Damián Hernández, actuaron no Auditorio Municipal de Melide.

Hoxe luns, o considerado pola crítica e o público como un dos mellores quintetos de vento metal do país, Hercules Brass, interpretará un novidoso e orixinal programa; o martes 10 a Orquesta de Cámara Galega será a encargada de deleitar ao público melidense de novo  na Igrexa do Santo Espíritu,   o mércores 11 o  Duo Esjedon integrado por o brillante clarinetista grego Spyros Fakiolas e a fantástica cellista galega Alba Reirís interpretarán un concerto cheo de lirismo e intimidade na Capela de San Antonio. O concerto de clausura  do día 12 correrá a cargo da Orquestra de Cámara Galega de novo na Igrexa do Santo Espíritu as 22 horas.

Seguindo o mesmo espírito do Proxecto Groba en Ruta, haberá unha parte académica protagonizada pola impartición de masterclass de violín a cargo da violinista Nancy Zhou para estudantes de grado superior e postgrado.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp