- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Dani Barreiro abre a programación do Vermú no Camiño en Melide
09/07/2018. Un ano máis, Melide pon en marcha o programa Vermú no Camiño coa finalidade de poñerlle banda sonora aos domingos e sábados das fins de semana do verán. As actuacións, de balde, emprázanse en diferentes lugares da zona vella
MELIDE 9 de xullo de 2018.- Logo do éxito acadado en edicións anteriores, o Concello de Melide dende a súa concellería de Turismo pon en marcha unha nova edición do programa Vermú no Camiño que consta dun total de nove actuacións que se celebrarán en diferentes prazas e rúas de Melide durante os domingos dos meses de xullo, agosto e setembro.
A primeira actuación tivo lugar durante o mediodía de onte, na praza das Ichoas, onde Dani Barreiro foi o encargado de abrir o programa Vermú no Camiño que encherá de música os sábado e os domingos en Melide.
MÁIS ACTUACIÓNS
O programa do Vermú no Camiño terá continuidade o domingo 15 de xullo onde o turno será para Los Duguis na rúa Alhóndiga. O grupo Octopus será o encargado de amenizar coa súa música o domingo 22 de xullo a praza da Herba, situada en plena zona dos viños de Melide.
A fin de semana do 28 e 29 de xullo, haberá concertos os dous días. O sábado será a cita na rúa do Convento con Catro Caños e o domingo no Cantón de San Roque con Luis Bedu e Miguel Bello.
O mes de agosto comezará coa actuación de Dani Royo e Versións Band na praza das Ichoas para continuar o 12 de agosto na praza da Herba con Carlos Bau e Hugo Torreiro. O 26 será a quenda para Smoke Trío coa súa actuación na praza das Ichoas.
No mes de setembro, pechará o programa Vermú no Camiño a actuación de Chroma na praza das Ichoas.
Todas as actuacións terán lugar a partir das 13.30h do mediodía, Luis Arias, concelleiro de Turismo do Concello de Melide indicaba que "con este tipo de actividades intentamos dinamizar máis aínda se cabe as fins de semana na nosa vila, onde veciños e visitantes saen a rúa para gozar do bo tempo e tamén para realizar as súas compras no mercado dominical".