Novas

Máis novas

Melide Clásica, Festival Internacional de Música na vila do 7 ao 12 de xullo

04/07/2018. O Festival Internacional de Música Melide Clásica nace dentro do programa Groba en Ruta adscrito ao Festival Gobra que se celebra en Ponteareas. Este ano, trae á vila artistas internacionais de renome na música internacional

MELIDE 4 de xullo de 2018.- Melide acolle dende o vindeiro sábado 7 de xullo e ata o xoves 12, o Melide Clásica Festival Internacional de Música, que nace dentro do programa Groba en Ruta asdscrito ao Festival Groba que desde hai seis anos se leva realizando en Ponteareas e que ten como claro obxetivo a difusión, promoción, estudo e divulgación non só da obra do Mestres Rogelio Groba, o máis prolífico compositor do país, senón tamén da música clásica en xeral. Trátase dunha iniciativa organizada dende Concellería de Cultura do Concello de Melide que dirixe Dolores Gómez.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas a participar “nestes concertosgozando da música de calidade en directo nos diferentes emprezamentos elixidos para levar a cabo as actuacións, descubrindo compositores pouco coñecidos, de escoitar aos clásicos universais e de coñecer a obra do noso compositor, patrimonio cultural galego, o mestre Rogelio Groba”.

Así, na súa primeira parada, o Proxecto Groba en Ruta, achégase  ao concello de Melide aportando toda a súa experiencia e creando o Festival Internacional de Música Melide Clásica.

Desde o sábado 7 de xullo ata o xoves 12 o Festival lnternacional de Música Melide Clásica, encherá de música por medio de concertos gratuitos diarios sempre as 22 horas en diferentes espacios como Igrexa  do Sanctis Spirtus, a Capela de San Antonio e o Auditorio Municipal de Melide. Mozart, Beethoven, Elgar, Rakov, Groba xunto con otros autores soarán en Melide nunha semana adicada a música clásica donde todos os concertos serán concertos gratuitos.

O día 7, a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero abrirá o festival cun concerto na Igrexa do Santo Espíritu que contará coa fantástica solista de clarinete Mariola Gil. O domingo 8 a violinista americana e reputadísima solista internacional Nancy Zhou acompañada por ún dos mellores pianistas españois  Francisco Damián Hernández, actuarán no Auditorio Municipal de Melide. O luns 9, o considerado pola crítica e o público como un dos mellores quintetos de vento metal do país, Hercules Brass, interpretará un novidoso e orixinal programa; o martes 10 a Orquesta de Cámara Galega será a encargada de deleitar ao público melidense de novo  na Igrexa do Santo Espíritu,   o mércores 11 o  Duo Esjedon integrado por o brillante clarinetista grego Spyros Fakiolas e a fantástica cellista galega Alba Reirís interpretarán un concerto cheo de lirismo e intimidade na Capela de San Antonio. O concerto de clausura  do día 12 correrá a cargo da Orquestra de Cámara Galega de novo na Igrexa do Santo Espíritu as 22 horas.

Seguindo o mesmo espírito do Proxecto Groba en Ruta, haberá unha parte académica protagonizada pola impartición de masterclass de violín a cargo da violinista Nancy Zhou para estudantes de grado superior e postgrado.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp